AMOR DOS QUINCE ANOS, MARILYN
ebook

AMOR DOS QUINCE ANOS, MARILYN (ebook)

Editorial:
EDICIÓNS XERAIS
ISBN:
9788491211006
Formato:
Epublication content package
DRM
Si

Unha man bota no lume unha foto, que se resiste a arder, pero que acaba feita cinza, coma un soño que se esvaece. Un vampiro solitario vaga polas rúas da noite coruñesa, na procura do seu alimento cotiá. Unha pantasma regresa, como cada vinte cinco anos, ó vello pazo familiar. Velaí algunhas das imaxes que fixeron nacer os cinco relatos de ''Amor dos quince anos, Marilyn''. Un libro co Agustín Fernández Paz quere render unha homenaxe ó cine e ós seus mitos, cando se cumpren cen anos do seu nacemento. ''Amor dos quince anos, Marilyn'', publicado inicialmente na colección Merlín en 1995, recupérase para a colección Fóra de Xogo, obtivo un unánime recoñecemento da crítica: ''Agustín Fernández Paz rende homenaxe á sétima arte nun volume onde os recordos e a paixón se mesturan nunha escrita colorista e áxil. Fernández Paz propón unha deliciosa narración sobre un olimpo de estrelas onde a vida e o soño olen a celuloide'' (O Correo Galego). ''Actores que deixaron pegada na grande pantalla, personaxes que atoparon no celuloide o mellor dos medios para facerse reais, e todo un cúmulo de sensacións, vivencias e sentimentos xurdidos ó redor das tardes de cine, entretecen estas cinco historias magnificamente narradas nas que o autor, confírmase, de novo, como un dos máis interesantes do actual panorama literario" (Xián Xaneiro, CLIJ)'' "A conclusión engaiolante que un tira lendo ''Amor dos quince anos, Marilyn'' é que o autor sabe que a 'fábrica dos soños' do ser humano non vai morrer xamais" (Xoán Acuña, Atlántico diario).

Otros libros del autor

  • O MEU NOME É SKYWALKER
    ebook
    Titulo del libro
    O MEU NOME É SKYWALKER (ebook)
    AGUSTíN FERNáNDEZ PAZ
    En fronte da casa de Raquel abriron un enorme supermercado. Aínda que unha marea de personas entra y sae constanteme...

    5,99 €

  • O SOÑO DO MERLO BRANCO
    ebook
    Titulo del libro
    O SOÑO DO MERLO BRANCO (ebook)
    AGUSTíN FERNáNDEZ PAZ
    Grou, o Merlo Vello, ensínalles aos merliños máis novos todo aquilo canto deben saber para sobrevivir. Bulebule qued...

    5,99 €

  • RAPAZAS
    ebook
    Titulo del libro
    RAPAZAS (ebook)
    AGUSTíN FERNáNDEZ PAZ
    ¿Que estraña misión trae un extraterrestre deica o noso planeta? ¿Que sucede cando se mantén unha estarrecedora rela...

    5,99 €

  • TRES PASOS POLO MISTERIO
    ebook
    Titulo del libro
    TRES PASOS POLO MISTERIO (ebook)
    AGUSTíN FERNáNDEZ PAZ
    Tres pasos polo misterio recolle tres relatos nos que a presenza do misterio ocupa un lugar central. En cada un dele...

    5,99 €

  • COS PÉS NO AIRE
    ebook
    Titulo del libro
    COS PÉS NO AIRE (ebook)
    AGUSTíN FERNáNDEZ PAZ

    5,99 €