CAROLINA
ebook

CAROLINA (ebook)

Editorial:
EDICIÓNS XERAIS
ISBN:
9788411101318
Formato:
Epublication content package
DRM
Si

Carolina Ernau é unha muller que loita por sobrevivir nunha cruel guerra fratricida onde os gañadores, ademais de tratar de aniquilar fisicamente os vencidos, pretenden impedir que pensen e imaxinen. Unha muller que se converte en maquis e espalla a paixón polos libros, sobre todo por aqueles que a marcaron como ser humano, aqueles que se viu obrigada a ler na clandestinidade, á luz dun farol ou baixo o foco dunha lanterna. Unha muller sobre a que penden ameazas de cadea, de tortura e de morte. Este é o relato dunha vinganza, a de quen non soporta a impunidade dos crimes e decide administrar xustiza pola man, protagonizando peripecias que poñerán en perigo aquelas persoas que participan no cometido. Unha destas persoas é o xornalista Tomás Abilleira, que inicia unha investigación sobre Carolina Ernau tras coñecer a Rosalía Mera, unha enxeñeira que traballou para os nazis durante os anos corenta do século XX. «Carolina», a última novela de Alberto Canal, é unha historia de paixóns, vinganza e libros que, por empatía, debería ser lida ás escuras e cunha lanterna na man.

Otros libros del autor

  • O TRAPECISTA DA MALLA DE ROMBOS
    ebook
    Titulo del libro
    O TRAPECISTA DA MALLA DE ROMBOS (ebook)
    ALBERTO CANAL
    Con dez anos acabados de cumprir, Iupanki soña con converterse no trapecista principal do Circo de los Muchachos. Ma...

    8,49 €

  • CONEXIÓN TUBINGA
    ebook
    Titulo del libro
    CONEXIÓN TUBINGA (ebook)
    ALBERTO CANAL
    O padre Amador prohibiu a lectura do libro Existe Deus, de Hans Küng, no Seminario Divino Mestre de Ourense, unha ob...

    8,49 €

  • O AMOR NOS ESCUROS DÍAS DE BIRKENAU
    ebook
    Titulo del libro
    O AMOR NOS ESCUROS DÍAS DE BIRKENAU (ebook)
    ALBERTO CANAL
    É o amor a mellor arma para loitar contra a barbarie da sinrazón humana? Pode alguén confiar na bondade dese sentime...

    8,49 €