TEORÍA DO CAOS
ebook

TEORÍA DO CAOS (ebook)

Editorial:
EDICIÓNS XERAIS
ISBN:
9788491212591
Formato:
Epublication content package
DRM
Si

Paco, o alcalde de Santorén, unha vila da Costa Morte, sofre un pesadelo pola morte do cabo Agapito, a quen atoparon na corredoira do monte coa cabeza desfeita por tres disparos. Nesa noite, Paco recordaba o que lle dixera Lucía, cando os dous eran militantes dun partido clandestino formado por a penas un cento de revolucionarios: "deixar de ser novo era cifrar as aspiracións dunha vida non en salvar a Patria, senón en chegar a alcalde dunha vila de segunda". Podería ser certo, pero para este médico, dedicado á actividade política, a vida tampouco lle ía tan mal, despois de pasarse ao partido conservador e a pesar do permanente litixio que mantiña con Pousada, o alcalde de Mirandela, pola delimitación da extrema entre os dous concellos. Un conflicto que o desacougaba e ao que non era alleo, tampouco, o destino do Monte, ese faro de luz branca, o último paraíso que quedaba na comarca, onde teimaba en ubicar un vertedoiro para o tratamento dos residuos. Outro feito que o enfronta co seu propio fillo, Antonio " O Roxo", o inquedo estudiante de Físicas, o ecoloxista e líder da oposición veciñal contra o vertedoiro que propón un plan alternativo de reciclaxe integral. Ademais, Paco mantiña unha actividade secreta, a da escritura dunha colección de vidas paralelas, vidas de heroes que publica baixo o alcuño de Roi de Neisón na páxina web do Batallón Literario da Costa da Morte. Vidas como a de Roque Dalton, o comandante Che Guevara ou Rosa Luxemburgo. Paco, sen dúbida, agacha con esas vidas paralelas a súa loita na procura do paraíso. Teoría do caos é a novela de madurez de Marilar Aleixandre, unha das nosas máis importantes narradoras, coidadosamente construída en forma de traxedia clásica e estructurada sobre tres planos que se van intercalando. Novela ambiciosa e aberta propón aos lectores múltiples lecturas do enfrontamento dialéctico de dúas xeracións e a confrontación de formas de entender o xeito de conquistar o paraíso, de recuperar a levidade, de vivir a vida.

Otros libros del autor

  • UNHA PRESA DE TERRA
    ebook
    Titulo del libro
    UNHA PRESA DE TERRA (ebook)
    MARILAR ALEIXANDRE
    Un caso de Ana Candeán ...

    11,40 €

  • AS MALAS MULLERES
    ebook
    Titulo del libro
    AS MALAS MULLERES (ebook)
    MARILAR ALEIXANDRE
    PREMIO BLANCO AMOR 2020 A través das páxinas de As malas mulleres, asistimos a unha dura e apaixonante viaxe polo tr...

    10,10 €

  • MUDANZAS E OUTROS VELENOS
    ebook
    Titulo del libro
    MUDANZAS E OUTROS VELENOS (ebook)
    MARILAR ALEIXANDRE
    Reúnense neste libro tres poemarios centrais na obra da súa autora: Catálogo de velenos (Premio Esquío de Poesía, 20...

    7,30 €

  • A FILLA DO MINOTAURO
    ebook
    Titulo del libro
    A FILLA DO MINOTAURO (ebook)
    MARILAR ALEIXANDRE
    Premio Raíña Lupa de Literatura Infantil e Xuvenil 2017 Neste libro cóntasenos unha historia de aventuras (xénero qu...

    5,70 €

  • ALÍ BABÁ. MORXIANA E OS CORENTA USUREIROS
    ebook
    Titulo del libro
    ALÍ BABÁ. MORXIANA E OS CORENTA USUREIROS (ebook)
    MARILAR ALEIXANDRE
    Era unha vez o xefe funha banda de corenta ladróns. É un home bo que se chamaba Alí Babá. E unha cova chea de tesour...

    3,85 €