VIVIR SEN PERMISO E OUTRAS HISTORIAS DE OESTE
ebook

VIVIR SEN PERMISO E OUTRAS HISTORIAS DE OESTE (ebook)

Editorial:
EDICIÓNS XERAIS
ISBN:
9788491214595
Formato:
Epublication content package
DRM
Si

Este novo libro de Manuel Rivas contén tres historias que, ao xeito da serie negracriminal, retratan un tempo histórico onde se acrecenta o poder das mafias, da cobiza, do diñeiro sucio e da corrupción. Mais tamén son historias que nos mostran a condición humana situada no límite, relatadas desde a maxia literaria dunha escrita impactante, poderosa e directa. En «O medo dos ourizos», dous mozos mariñeiros, que subsisten en precario, atopan no mar un tesouro, fardos procedentes do narcotráfico, que pode facelos ricos ou custarlles a vida. En «Vivir sen permiso», Nemo Bandeira, un poderoso magnate que levantou o seu imperio por medios ilícitos, consegue borrar as pegadas do seu pasado criminal, mais vaise atopar cun inimigo íntimo, inesperado e invencíbel. En «Sagrado mar», un mozo presidiario, apaixonado pola lectura, ten que enfrontarse non só co sistema carcerario, senón tamén co dilema da obediencia ou desobediencia ante o dominio que exerce un capo no interior da cadea. «Vivir sen permiso e outras historias de Oeste» é un libro fascinante, de literatura na beira, na marxe do risco, que o autor define como literatura vagabunda ou estremeira. Alí onde a cuestión final non é tanto ter ou non ter poder senón ter ou non ter liberdade.

Otros libros del autor

  • CHISPAS
    ebook
    Titulo del libro
    CHISPAS (ebook)
    MANUEL RIVAS
    Una divertida e ingeniosa alegoría del mundo moderno escrita por Manuel Rivas, una de las grandes plumas de la lite...

    6,99 €

  • OS COMEDORES DE PATACAS
    ebook
    Titulo del libro
    OS COMEDORES DE PATACAS (ebook)
    MANUEL RIVAS
    Con «Os comedores de patacas» Xerais reedita un dos libros máis emotivos e lidos de Manuel Rivas. O protagonista da ...

    8,49 €

  • ZONA A DEFENDER
    ebook
    Titulo del libro
    ZONA A DEFENDER (ebook)
    MANUEL RIVAS
    Un libro comprometido sobre el mundo en el que vivimos y el que debemos dejar en herencia. La literatura de Manuel ...

    6,99 €

  • ZONA A DEFENDER
    ebook
    Titulo del libro
    ZONA A DEFENDER (ebook)
    MANUEL RIVAS
    «Zona a Defender» foi unha denominación que se popularizou coa loita ecolóxica en Francia. O planeta debería ser por...

    9,99 €

  • O CHISPAS
    ebook
    Titulo del libro
    O CHISPAS (ebook)
    MANUEL RIVAS
    O Chispas é músico. A el gustaríalle ser un artista cósmico, pero aos ollos da xente non é máis ca un simple cómico....

    6,99 €