DENÉBOLA A ROXA
ebook

DENÉBOLA A ROXA (ebook)

Editorial:
BAÍA EDICIÓNS
ISBN:
9788499952123
Formato:
Epublication content package
DRM
Si

O 15 de marzo de 1600, o mesmo día en que fai quince anos, Denébola recibe a noticia de que o seu pai decidiu enviala como noviza a un convento de clausura. Pero a moza, que comparte nome cunha das estrelas máis brillantes da constelación de Leo, loitará por un futuro máis luminoso ca este que o seu pai, o poderoso señor de Mourentán, elixiu para ela. Marcada pola superstición asociada á súa cabeleira roxa, buscará o modo de rexerse polos seus propios principios e tomar as rédeas do seu destino. Na súa viaxe á procura da liberdade acabará chegando a América, un Novo Mundo no que todo está por facer e onde é posible converter en realidade o soño de trazar o seu camiño na vida. Ao longo da novela asistimos á transformación da xove protagonista nunha muller que se rebela contra os prexuízos, as convencións e os costumes do seu tempo. Nunha época en que as mulleres están subordinadas por completo aos designios masculinos e condenadas a un papel de submisión, Denébola agarra con forza o temón da súa vida e acaba sendo primeiro capitá dun barco pirata e logo propietaria dun dos maiores consorcios para o transporte de mercadorías entrambas as beiras do Atlántico. 'Denébola a Roxa' é unha novela de aventuras de estrutura áxil e dinámica, que relata o desafío dunha muller brava nun mundo de homes. Un exemplo de como a afouteza e a perseveranza conseguen derrubar todas as barreiras.

Otros libros del autor

  • XESTAS OLÍMPICAS
    ebook
    Titulo del libro
    XESTAS OLÍMPICAS (ebook)
    HéCTOR CAJARAVILLE
    Desde que en 1896 se celebraron as primeiras olimpíadas modernas, podemos atopar en todas elas historias de a cabalo...

    5,99 €

  • FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN. POLOS VIEIROS DA SAUDADE
    ebook
    Titulo del libro
    FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN. POLOS VIEIROS DA SAUDADE (ebook)
    HéCTOR CAJARAVILLE
    Florencio Delgado Gurriarán (1903-1987) destacou como poeta, e segue a ser o autor máis representativo da súa Valdeo...

    5,99 €

  • RICARDO CARVALHO CALERO. A PEGADA DO COMPROMISO
    ebook
    Titulo del libro
    RICARDO CARVALHO CALERO. A PEGADA DO COMPROMISO (ebook)
    HéCTOR CAJARAVILLE
    Ricardo Carvalho Calero é unhas das figuras de obrigada referencia na historia do idioma galego: como investigador, ...

    5,99 €

  • KUSUMA
    ebook
    Titulo del libro
    KUSUMA (ebook)
    HéCTOR CAJARAVILLE
    Kusuma é unha faisán femia procedente da remota selva de Kaltim, que se ve obrigada a marchar do lugar en que sempre...

    5,99 €

  • NOVA NURSIA
    ebook
    Titulo del libro
    NOVA NURSIA (ebook)
    HéCTOR CAJARAVILLE
    Rosendo Salvado Rotea (1814-1900), fillo dunha das familias máis poderosas de Tui, renunciou a unha vida de riqueza ...

    8,49 €