O PARAÍSO DOS INOCENTES
ebook

O PARAÍSO DOS INOCENTES (ebook)

Editorial:
EDITORIAL GALAXIA, S.A.
ISBN:
9788491516965
Formato:
Epublication content package
DRM
Si

PREMIO TORRENTE BALLESTER 2019 Marzo de 2016, en plena guerra de Siria, a cidade de Alepo está dividida en dúas partes enfrontadas. No lado rebelde, a activista Amira loita por informar o mundo desde dentro da guerra e visita un orfo rescatado baixo os cascallos; no lado do réxime, Isam, un químico que traballa nunha fábrica de xabón, teme a notificación do Goberno para engrosar as filas do exército. Ao mesmo tempo en Bruxelas, días antes do atentado terrorista de Zaventem, Alicia topa indicios desacougantes que a fan temer pola vida da súa parella. Tecida a partir destas historias, O paraíso dos inocentes é unha viaxe á cerna da destrución provocada polo conflito sirio e á traxedia dos refuxiados, ao tempo que un canto emocionado á solidariedade, á esperanza e á liberdade. Novela envolvente, na liña doutras obras do autor, como As rulas de Bakunin e Laura no deserto, escrita desde o interior de personaxes que atravesan o horror cos ollos abertos e buscan un exorcismo na loita, no exilio ou no compromiso solidario. Intentos deseperados de axustaren toda a dor á expectativa dunha reconstrución.

Otros libros del autor

  • A FERIDA DO VENTO
    ebook
    Titulo del libro
    A FERIDA DO VENTO (ebook)
    RIVEIRO COELLO, ANTóN
    En 1978, Antón ten quince anos e, logo de tres meses de internado, volve a Xinzo de Limia coa emoción de ver a súa p...

    6,35 €

  • Á SOMBRA DOS BONSAIS
    ebook
    Titulo del libro
    Á SOMBRA DOS BONSAIS (ebook)
    RIVEIRO COELLO, ANTóN
    Non sempre as grandes historias precisan de moitas palabras. Velaquí o punto de partida desta nova achega narrativa ...

    6,85 €

  • ACORDES NÁUFRAGOS
    ebook
    Titulo del libro
    ACORDES NÁUFRAGOS (ebook)
    RIVEIRO COELLO, ANTóN
    Este libro recolle nove relatos escritos en diferentes épocas da vida do autor. ...

    6,15 €

  • AS RULAS DE BAKUNIN
    ebook
    Titulo del libro
    AS RULAS DE BAKUNIN (ebook)
    RIVEIRO COELLO, ANTóN
    Guerra Civil e anarquismo nunha novela histórica magnificamente narrada e con 4 edicións vendidas. Unha novela que c...

    7,30 €

  • HOMÓNIMA
    ebook
    Titulo del libro
    HOMÓNIMA (ebook)
    RIVEIRO COELLO, ANTóN
    Unha aventura que transcorre en México, nun ambiente de misterio e violencia primitiva. ...

    7,30 €